Detido un home de 84 anos en Vitoria por tentar matar a súa parella
Detido un home de 84 anos en Vitoria por tentar matar a súa parella
A muller, de 76 anos, foi hospitalizada en estado grave con feridas de arma branca
Un home de 84 anos foi detido este venres de madrugada tras tentar, presuntamente, matar a súa parella, que quedou gravemente ferida, no domicilio conxugal en Vitoria, segundo informou o Departamento de Seguridade do Goberno Vasco.
Os feitos tiveron lugar ás 4:00 horas nun piso da capital arabesa, onde, segundo as primeiras investigacións, un ancián agrediu cun coitelo a súa parella, de 76 anos, que quedou ferida de gravidade.
Un veciño avisou á Ertzaintza, e os axentes que se desprazaron ao lugar atoparon a vítima tendida no chan con varias feridas de arma branca. Tras ser atendida nun primeiro momento no lugar dos feitos, a muller foi evacuada ao hospital de Txagorritxu.
O home foi detido como autor dun delito de homicidio en grao de tentativa no ámbito da violencia de xénero.