Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un preso de permiso agride a exparella e ameaza de morte o excuñado en Avión

Un preso de permiso agride a exparella e ameaza de morte o excuñado en Avión

O home volveu a prisión despois de declarar

G24.gal 05/09/2024 16:17 Última actualización 05/09/2024 16:39

Este xoves prestou declaración no concello ourensán de Ribadavia un home de 54 anos de Avión, acusado de violencia de xénero, lesións, furto, danos e ameazas.

Os feitos xulgados occorreron, presuntamente, durante un permiso penitenciario.

O suposto agresor atopábase de permiso de fin de semana cando decidiu ir ao seu domicilio, onde se atopaba a súa exparella co seu noivo. Á muller agrediuna e, ademais, apoderouse de 450 euros, mollou o vehículo do seu excuñado de gasolina e "ameazouno de morte".

Posteriormente fuxiu polo tellado cando observou a presenza da Garda Civil.

Os axentes montaron un dispositivo de procura e protección da vítima durante a tarde do martes e grazas á colaboración cidadá detiveron o home nun monte próximo á localidade de Avión, tras o que foi trasladado aos calabozos do xulgado de Ribadavia.

Alí, no Xulgado de Instrución Número 1, a xuíza decretou a posta en liberdade do detido e ademais a fiscala non viu necesario solicitar o seu ingreso en prisión polos feitos.

Con todo, foi trasladado á prisión para cumprir a pena que xa tiña imposta. Agora está investigado por un delito de violencia de xénero, lesións, furto e danos e ademais impúxoselle a prohibición de aproximarse e de comunicarse coa vítima, co seu fillo e co irmán da exmuller.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade