Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un mozo por partirlle o dedo ao avó dunha trabada

Detido un mozo por partirlle o dedo ao avó dunha trabada

O suposto agresor está acusado dun delito malos tratos no ámbito familiar

O avó tivo que ser trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro

G24.gal 14/08/2023 17:18

Un mozo de 26 anos está detido por traballarlle o dedo ao avó ata case amputarllo. Os feitos ocorreron en Ventosela, en Redondela. O suposto agresor está acusado dun delito de malos tratos no ámbito familiar.

Despois dunha discusión entre pai e fillo, o avó, no seu intento por mediar na pelexa, recibiu unha dentada que lle produciu a lesión no polgar da man esquerda.

A Policía Local tivo coñecemento dos feitos despois de recibir unha chamada do centro de urxencias de Redondela.

O avó, de 76 anos, tivo que ser trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade