Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido por intento de homicidio un fillo da muller golpeada na súa casa en Bueu

Detido por intento de homicidio un fillo da muller golpeada na súa casa en Bueu

Trasladárona de urxencia ao hospital Montecelo, onde permanece ingresada desde o venres

Vivenda onde reside a muller agredida en Bueu Vivenda onde reside a muller agredida en Bueu
G24.gal 10/08/2024 22:20

O fillo da muller que apareceu golpeada no seu domicilio de Bueu foi detido este sábado como suposto autor dos feitos.

Os axentes da Garda Civil arrestárono ao atribuírlle o delito de tentativa de homicidio. A muller, de avanzada idade, foi localizada polos axentes da Garda Civil o venres no seu domicilio de Bueu con múltiples golpes en todo o corpo, incluída a cabeza e a cara, lesións polas que foi ingresada no Hospital Montecelo de Pontevedra.

A policía xudicial procedeu a realizar unha inspección ocular no lugar dos feitos e a tomar declaración a algunhas testemuñas.

A investigación dos gardas civís de Cangas do Morrazo para esclarecer os feitos levou á detención do fillo da muller agredida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade