O uso da máscara en farmacias e centros sanitarios podería ter os día contados
O uso da máscara en farmacias e centros sanitarios podería ter os día contados
O tapabocas tamén é obrigatorio para o persoal de axuda a domicilio e nos centros de maiores
Farmaceuticos, persoal sanitario e de centros de maiores pasan un mínimo de sete horas coa máscara posta, sen contar as gardas. Serían os máis beneficiados por esta medida que o ministro de Sanidade vai levar ao consello interterritorial de saúde a finais de mes.
Algún profesional ten algo de medo pero a maioría dos que falaron con nós están desexando quitalas. Levan tres anos con elas. Lara Currás, que traballa en atención ao domicilio, é a única que a leva nos domicilios aos que vai, xa que os seus usuarios non a poñen e os seus familiares tampouco.
Calor, problemas dermatolóxicos, maior dificultade para respirar e certo afogo no verán son as principais críticas que recibe.
Tamén hai moita xente que a esquece ás portas da farmacia e acabamos regalándolle a máscara ou atendéndoos na porta. Do mesmo xeito, topamos persoas que prefiren que nos sitios sensibles se conserve.
Na botica da Florida en Vigo consideran que a maioría da xente é responsable, por iso séguense facendo moitos tests e a maioría dos cidadáns poñen a máscara cando se atopan mal.