Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dez anos da Arca da Noe, unha aposta pola cultura desde o rural

Dez anos da Arca da Noe, unha aposta pola cultura desde o rural

Acaba de recibir por terceira vez o premio Martín Códax á mellor sala de concertos de Galicia

G24.gal 20/05/2024 07:18

Abriu as súas portas no concello ourensán de Vilar de Santos vai para unha década, e durante este tempo acolleu xa máis dun milleiro de concertos. Pero a Arca da Noe é máis ca unha sala de concertos ou de exposicións, é un lugar de convivencia interxeracional, explica a súa promotora, e unha comunidade que promove a cultura.

A aposta polos produtos locais e a artesanía conviviu na xornada de celebración deste domingo con tres concertos. Entre os proxectos de futuro, promocionar o libro CD Oceanoe. Travessia polo Mar das Antelas, en que participaron máis de 50 artistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade