Os Premios Martín Códax da Música recoñecen a Gloria Pavía como artista emerxente
Os Premios Martín Códax da Música recoñecen a Gloria Pavía como artista emerxente
Emilio Cao recibíu o premio honorífico pola súa traxectoria musical
Guadi Galego, Mondra, Caamaño & Ameixeiras, Lucía Aldao e Terbutalina, entre os proxectos premiados
A cantante e compositora compostelá Gloria Pavía recibiu o galardón á artista emerxente do ano na undécima edición dos Premios Martín Códax da Música, que se entregaron nunha gala celebrada en Pontevedra.
Pavía gravou o pasado ano o seu primeiro EP titulado Novas flores, que nas súas propias palabras é unha recompilación de cancións "sobre o amor e as flores silvestres".
ARTISTA EMERXENTE
— Premios Martín Códax da Música (@prmartincodax) May 15, 2024
Gloria Pavía pic.twitter.com/Jbs64wzGcV
Os Premios Martín Códax da Música, que recoñecen os mellores proxectos musicais do ano en quince estilos, comezou a gala entregando á banda viguesa Her Anxiety o galardón na categoría de metal e a Guadi Galego o de canción de autora.
CANCIÓN DE AUTOR/A
— Premios Martín Códax da Música (@prmartincodax) May 15, 2024
Guadi Galego pic.twitter.com/xoZXpl7DTx
Brais Morán & Nasaufunk foron os premiados en blues, funk e soul, o cantante e bailador Mondra foino en electrónica e o dúo Caamaño & Ameixeiras na categoría de folk.
ELECTRÓNICA
— Premios Martín Códax da Música (@prmartincodax) May 15, 2024
Mondra pic.twitter.com/uRMvlHGgQZ
Pola súa banda, o recoñecemento na categoría de música tradicional foi para Os Melidaos; Catuxa Salom, unha das revelacións máis recentes da escena galega, recolleu o premio de músicas do mundo e mestizaxe, e Terbutalina o de mellor banda de rock e punk.
ROCK E PUNK
— Premios Martín Códax da Música (@prmartincodax) May 15, 2024
Terbutalina pic.twitter.com/5zEpboFxhF
A Agrupación Musical de Goián, que mestura voces e instrumentos tradicionais con outros contemporáneos, recibiu o premio entre as bandas de música popular; a coruñesa hynd en música urbana, e América de Vigo en orquestras, grupos e música de verbena.
MÚSICAS URBANAS
— Premios Martín Códax da Música (@prmartincodax) May 15, 2024
hydn pic.twitter.com/h0yImuT66u
En música clásica e contemporánea, o Premio Martín Códax da Música foi para Carme López, mentres que Pablo Sanmamed Trío e Benxamín Otero recibiron o de jazz e músicas improvisadas e a poeta Lucía Aldao foi recoñecida na categoría de pop e indie.
POP E INDIE
— Premios Martín Códax da Música (@prmartincodax) May 15, 2024
Lucía Aldao pic.twitter.com/EsBMgt1AuF
O último premio concedido nesta gala foi para Uxía Lambona e a Banda Molona, que levou para casa o galardón en música infantil.
A gala dos Premios Martín Códax da Música, que estivo presentada por Xurxo Souto e contou coas actuacións da Banda Xangai, Ugia Pedreira, MJ Pérez, Sofía Espiñeira e Inés Naya, entregou ademais o premio honorífico a Emilio Cao pola súa traxectoria musical.
PREMIO HONORÍFICO
— Premios Martín Códax da Música (@prmartincodax) May 15, 2024
Emilio Cao (recolle Mateo Cao) pic.twitter.com/lQEaypFnRX
No marco destes galardóns, tamén se entregaron os Premios Organistrum, que recaeron en Miudiño Sessions como proxecto de comunicación, As Nosas Músicas de Couso como festival e A Arca de Noé (Vilar de Santos, Ourense) como sala.