Dez anos de expulsión para Will Smith en todos os actos da Academia de Hollywood
Dez anos de expulsión para Will Smith en todos os actos da Academia de Hollywood
É o castigo pola labazada a Chris Rock
A Academia de Hollywood aprobou vetar o actor estadounidense Will Smith en todos os eventos que organice, incluídos os premios Óscar, durante os vindeiros dez anos.
Cualifican de "inaceptable e daniño" o seu comportamento na última gala dos Oscar en que lle deu unha labazada ao humorista Chris Rock por facer un comentario sobre a alopecia da súa muller, Jada Pinkett.
No seu comunicado, a academia láiase de non ter actuado en directo, na propia gala, pero di que non estaban preparados para algo sen precedentes.
O xurado de 54 membros estaba dividido ao 50% pero fai uns días Smith enviou unha carta de renuncia voluntaria a academia, o que facilitou e adiantou a decisión.
O popular actor abandona así o star-system e non formará parte da Academia para eventos, actos e premios.
Non é a única sanción. As plataformas Netflix e Sony paralizaban esta mesma semana os dous novos proxectos cinematográficos do actor.