Cargando resultados...
Dez artistas emerxentes saltan da facultade ao MARCO
Dez artistas emerxentes saltan da facultade ao MARCO
Expóñense as obras de dez alumnos de Belas Artes de Pontevedra que recibiron bolsas da Fundación MOP
A mostra pódese visitar ata o 8 de xaneiro de 2023
G24.gal
12/12/2022 21:13
Última actualización 12/12/2022 21:45
No Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o MARCO, aínda se pode visitar unha exposición que supón todo un apoio a artistas emerxentes.
Como resultado do proxecto Future Stories, esta mostra ofrece os traballos de dez alumnos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra que recibiron dez bolsas de 4.000 euros da Fundación MOP, de Marta Ortega Pérez.
Dende a escultura á pintura e á ilustración, do téxtil ao audiovisual, estas obras permítennos asistir ao diálogo destes creadores actuais coa súa identidade.
Permanecen en Vigo ata o 8 de xaneiro.