Dezaoito feridos nunha colisión de 30 vehículos na A-3 en Madrid
Dezaoito feridos nunha colisión de 30 vehículos na A-3 en Madrid
Trece dos lesionados foron trasladados ao hospital, pero ningún caso foi grave
Dezaoito persoas quedaron feridas, aínda que ningunha de gravidade, na colisión por alcance de 30 vehículos, varios deles con danos importantes, algo antes das 16:00 horas no quilómetro 15 da autovía A-3, nos carrís centrais en sentido entrada a Madrid.
Foi o servizo de Emerxencias 112 Comunidade de Madrid quen informou de que 18 persoas foran atendidas polo Servizo de Asistencia Municipal de Urxncias-Protección Civil (Samur-PC), a maioría delas con dor cervical e lumbar.
Segundo comunicaron, trece dos lesionados foron trasladados ao hospital, pero en principio ningún caso foi grave.
Ao lugar do accidente acudiron cinco dotacións de Bombeiros do Concello de Madrid, que retiraron da calzada os vehículos afectados en colaboración cos Bombeiros da Comunidade de Madrid.
O tráfico nos carrís centrais abrirase en canto os guindastres rematen de retirar os vehículos. É a Garda Civil a que se encargará do atestado do accidente.