O lavado de mans axuda a deter a propagación de xermes que se transmiten por contacto
O lavado de mans axuda a deter a propagación de xermes que se transmiten por contacto
A limpeza de mans é a medida máis efectiva para a prevención de infeccións
Cómpre concienciar de que lavar as mans é un hábito necesario nas persoas
Este ano o lema da campaña elixido pola OMS é 'Por que segue sendo tan importante compartir coñecementos sobre a hixiene de mans? Porque axuda a deter a propagación de xermes'. O especialista de medicina preventiva do CHUS , Juan Vázquez, di que "as mans son un dos vehículos máis importantes na transmisión de infeccións asociadas á asistencia sanitaria".
O lavado de mans, engade, "axuda a deter a propagación de xermes que se transmiten por contacto, son xermes que son moitas veces aprófitos de pel, de vía dixestiva, de tracto urinario, por iso cómpre, ter en conta determinados momentos que son fundamentais para o lavado de mans sobre todo con auga e xabrón, que son antes de comer e antes e despois de ir ao baño".
Non por casualidade existe un Día Mundial da Hixiene de Mans. Para concienciar e axudar na prevención de infeccións no Clínico de Santiago unha mesa de lavado de mans convídanos a informarnos e a coñecer como o debemos facer. Juan Vázquez di que "conforme a pandemia e a transmisión do coronavirus foi diminuíndo tamén a frecuencia do lavado de mans por iso é importante concienciar cada certo tempo"
A OMS recórdanos, segundo Vázquez "as infeccións en moitos casos son moi graves e en moitos casos pode levar á morte do paciente. As mans limpas salvan vidas e a OMS estima que as vidas salvadas pola hixiene de mans no mundo é de cinco millóns de persoas e que salvar vidas está nas nosas mans".