Publicador de contidos
Publicador de contidos

Día Mundial do Ovo, un superalimento: Galicia produce cada ano 600 millóns

Día Mundial do Ovo, un superalimento: Galicia produce cada ano 600 millóns

Os nutricionistas din que non sobe o colesterol nin engorda, e achega todos os aminoácidos que o corpo necesita

Un adulto san pode consumir entre 1 e 3 ovos ao día

En Galicia hai preto de mil granxas avícolas e 3 millóns de galiñas

G24.gal 11/10/2024 20:25

Cocidos, en tortilla francesa ou revoltos. Son as maneiras máis saudables para consumir ovo, ese grande alimento. Ángeles Novo, nutricionista explica que "o ovo é a proteína perfecta porque achega todos os aminoácidos esenciais que o noso corpo necesita".

E, ollo, porque hai que desterrar mitos, Novo insiste en que "os ovos non soben o colesterol, pódense consumir todos os días. Un adulto san pode consumir entre 1 e 3 ovos ao día".

A seguridade do alimento garántese dende a posta. Alberto Hermida, da Granxa Laura Taboada,  destacan que priorizan "o benestar dos animais, sendo respectuosos e moi coidadosos co medioambiente nunha economía sostible e circular."

Na nosa comunidade hai preto de mil granxas avícolas e 3 millóns de galiñas que poñen uns 600 millóns de ovos ao ano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade