Publicador de contidos
Publicador de contidos

A alopecia, complexo ou orgullo para os calvos, que este luns celebran os seu día

A alopecia, complexo ou orgullo para os calvos, que este luns celebran os seu día

A alopecia afecta máis os homes que as mulleres

Un estudo sinala a España coma o país con máis homes calvos do mundo

G24.gal 07/10/2024 14:38

7 de outubro, celébrase o Día Mundial dos Calvos. Unha data que busca acabar cos estereotipos asociados á calvicie. A súa percepción evolucionou moito co paso dos anos e cada vez son máis os que exhiben con orgullo a súa calvicie.

Con todo, aínda non é o máis habitual. A alopecia é unha das cuestións que xera máis complexos estéticos. "O pelo é bonito, é unha das cousas máis bonitas que hai en homes e mulleres".

A alopecia androxénica é a máis común. Hai quen libra...  "Sempre tiven o pelo así".

Quen se entrega e o acepta con resignación. "Non me preocupa nada. Así aforro en peites".

A quen non lle quita o sono. "É algo natural, se ten que pasar... pasará"

Os afeitados de cabeza son moda; "Iso é para gustos". E se non gusta buscar unha solución. "Como non poña unha perruca".

Ou buscar asesoramento nunha clínica capilar. Tratamentos ou mesmo implantes. Óscar Mendoza, director executivo de Hospital Capilar, confirma que aumentou a demanda de consultas. Destaca sobre todo que "a xente xa ve con máis normalidade acudir a centros de este tipo e mesmo facer implantes capilares, cousa que ata hai pouco semellaba un tema tabú".

Di un estudo que España é o país do mundo con máis porcentaxe de calvos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade