Días de ensaios para cantar ben a lotaría do Nadal
Días de ensaios para cantar ben a lotaría do Nadal
Vinte e dous rapaces de San Ildefonso cantarán os premios no Teatro Real
Ensaian durante dous meses e medio tres días á semana
A só 12 días do sorteo da lotaría do Nadal, as administracións traballan sen pausa repartindo décimos. Pero quen realmente lles poñerá voz e número aos millóns de euros serán un ano máis os nenos e nenas de San Ildefonso.
Dous meses e medio de ensaios son garantía de que o día 22 os premios quedarán ben cantados. É a cantilena que nos abre a porta do Nadal, pero, de momento, as protagonistas só ensaian, con traxe de diario, sen focos, sen medo a equivocarse, e poñendo atención ás bólas que escapan soas e ás cifras traizoeiras.
As rapazas aseguran que os números curtos son os máis difíciles, e que todos confían en que o van facer ben.
Son 22 nenas e nenos e oito deles actuarán por primeira vez no Teatro Real. Durante estes meses van collendo a técnica, pero a emoción do sorteo é imprevisible e, xunto cos premios, deixa todos os anos os mellores recordos do día.
"Ensaiamos tres días á semana, unha hora ao día, en función dos grupos e do traballo que teñan as rapazas", asegura un dos educadores, José Antonio Medero.
O gordo deste ensaio caeu no 16.214, un número á venda en Valencia e Madrid, por se alguén viu na cifra un anticipo da sorte.