Publicador de contidos

Publicador de contidos

Diego López, preto de volver a Galicia

Diego López, preto de volver a Galicia

O futbolista de 41 anos interesa ao conxunto ferrolán

Podería ser o seu último servizo antes da retirada

G24.gal 10/07/2023 11:58

Diego López está na órbita do Racing, que busca un futbolista de experiencia no regreso ao fútbol profesional. O gardarredes competiría con Gazzaniga por ser o titular na retorna do equipo ferrolán en Segunda División.

O meta lucense estivo no Raio Vallecano esta campaña, onde disputou cinco encontros (dous en Liga e tres na Copa do Rei) e recibiu sete goles. Ao longo da súa carreira disputou 390 encontros en Primeira División, 40 na categoría de prata (onde conseguiu 20 partidos sen conceder ningún gol) e 69 encontros en competicións europeas.

Falamos dun porteiro cunha ampla experiencia que en novembro fará corenta e dous anos. O Racing de Ferrol trata de motivar a Diego López para que o paso pola Malata sexa o derradeiro servizo ao fútbol e a súa volta final a Galicia, desde onde saíu con 19 anos co seu traspaso dende o C. D. Lugo ao Real Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade