Dimite a directora da candidatura do Mundial sinalada polo cambio que deixou fóra a Vigo
Segundo unha investigación do diario El Mundo, esta avogada presidiu a "caótica" reunión en que se produciu a baremación das cidades e estadios que acollerán os encontros da Copa do Mundo
Louzán aceptou a renuncia de María Tato tras coñecerse irregularidades no proceso de designación das sedes, que afectaron as posibilidades de Balaídos A ata o de agora responsable da candidatura do Mundial 2030, María Tato, presentou este mércores a súa renuncia ao cargo, que foi aceptada polo presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán.
Esta decisión chega despois de que transcendese nos últimos días que Vigo aparecía na primeira lista de cidades seleccionadas para ser sedes da cita mundialista, desaparecendo dous días máis tarde da listaxe definitiva e ocupando o seu lugar Anoeta (San Sebastián).
Segundo unha investigación do diario El Mundo, esta avogada presidiu a "caótica" reunión na que se produciu a baremación das cidades e estadios que acollerán os encontros da Copa do Mundo que tamén coorganiza Marrocos e Portugal.
Xunto a ela estaba Fernando Sanz, exresponsable da organización e fillo do expresidente do Real Madrid Lorenzo Sanz.