Publicador de contidos
Publicador de contidos

Diploma olímpico para Yulenmis Aguilar

Diploma olímpico para Yulenmis Aguilar

Mostrouse decepcionada por non romper o récord de España, que significaría medalla

G24.gal 11/08/2024 10:25

Na xornada de lanzamento de xavelina feminina a natural de Cuba pero nacionalizada española neste mesmo ano, Yulenmis Aguilar, quedou sexta e recibiu o diploma olímpico cunha marca de 62,78 metros. 

A decepción vén pola impotencia que ela afirmou sentir ao ver que coa súa mellor marca, 63,90, sería terceira ás portas da prata, que foi para a surafricana Van Dyck con 63,93. Unha posible causante de non conseguir este resultado puido ser a molestia no cóbado xurdida na xornada clasificatoria. Yulenmis e o seu equipo intentaron recuperarse de cara á final, mais "foi imposible", o que fai que ela mesma "non se reproche nada".

Ao ser preguntada por toda a xente pendente dela en Galicia, a atleta destacou o apoio recibido e que tanto Coruña como Galicia acollérona "como unha galega máis". 

No futuro de Yulenmis tocará revisar o seu estado físico para decidir que accións tomar en canto ao seu cóbado, mais polo de agora abandona París satisfeita sabedora de que "deu todo o que tiña dentro".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade