Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Comité Federal do PSOE e milleiros de simpatizantes pídenlle a Sánchez que siga

O Comité Federal do PSOE e milleiros de simpatizantes pídenlle a Sánchez que siga

Dirixentes socialistas únense a milleiros de simpatizantes e militantes que se achegaron a Ferraz para apoiar o presidente

Segundo a Delegación do Goberno en Madrid, unhas 12.500 persoas concentráronse ás portas da sede socialista 
 

A vicepresidenta primeira do Goberno coa militancia. EFE/ Rodrigo Jiménez
G24.gal 27/04/2024 11:05 Última actualización 27/04/2024 21:17

A vicepresidenta primeira do Goberno e vicesecretaria xeral do PSOE, María Jesús Montero, abriu este sábado o Comité Federal do PSOE de apoio a Pedro Sánchez, que se celebra en Ferraz, cunha mensaxe "rotunda".

"Basta de mentiras, de loiadas e de violencia verbal exercida sen reparos. Alto e claro, queremos que sigas sendo presidente", dixo.

Pouco despois, os líderes socialistas optaron por interromper o acto e saír á rúa para acompañar os milleiros de militantes e simpatizantes que seguían a sesión dende o exterior da sede socialista, ao ritmo da canción Queda, de Quevedo.

A iniciativa partiu do secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán, que fixo o chamamento. Os dirixentes territoriais botáronse á rúa para saudar persoalmente a xente concentrada, unhas 12.500 persoas segundo a Delegación do Goberno en Madrid.

María Jesús Montero durante a súa intervención María Jesús Montero durante a súa intervención

Apoio a Sánchez

Minutos antes, os dirixentes socialistas que participaron no Comité trasladaban o seu apoio ao presidente do Goberno antes de entrar en Ferraz. 

O ministro de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, Félix Bolaños, recibido con aplausos á súa chegada, remarcou que ante o "ataque da manda ultra", os progresistas "vanse manifestar por unha democracia limpa".

"Hoxe convócannos aquí en Madrid a todos os demócratas, a todos os progresistas, contra unha manda que non ten límites e que o único que quere facer é tombar un goberno democrático e lexítimo como é o Goberno de Pedro Sánchez", remarcou.

A portavoz do Goberno e ministra de Educación e Formación Profesional, Pilar Alegría, reprochoulle ao PP e á ultradereita a "guerra sucia" que emprenderon "desde fai máis de dez anos", ao utilizar "todos os recursos públicos para tentar atacar e destruír" o Goberno progresista.

Dixo que desde o Comité Federal van trasladar o seu apoio "máis sincero e máis sólido" a Pedro Sánchez e engadiu que o PSOE, con "toda a cidadanía en xeral", rebélanse ante a "antipolítica" e a "política da deshumanización".

O ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares, aseverou que os socialistas van reafirmar no hoxe as súas "políticas de progreso" para que España "siga pensando no mundo" e "liderando Europa".

"Imos reivindicar a política porque a política é a base da democracia, fronte ao acoso mediático, fronte ao acoso político, fronte á calumnia, fronte ao bulo".

A portavoz da Executiva Federal do PSOE, Esther Peña, augurou que será un "día moi emocionante" no que a sociedade "porá pé en parede" porque a resistencia do PSOE "ten un límite", pero tamén a sociedade".

"Non é posible que normalizáramos o insulto, non é posible que se normalizara o bulo, non é posible que se normalizara a utilización de fondos públicos para amedrentar e espiar familiares do presidente".

A ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez, asegurou que o PSOE está  "máis forte ca nunca" para "plantar cara" aos populares porque "isto non vai só de nós, vai de defensa da democracia".

"O PSOE que leva demasiado tempo aguantando a un Partido Popular que mesmo chegou a utilizar aos órganos do Estado, ás máis altas instancias do Estado, para perseguir persoal e politicamente ao presidente do Goberno porque non poden con el", criticou.

O ministro de Política Territorial e Memoria Democrática, Ángel Víctor Torres, asegurou que todo o PSOE está a facer "piña" en torno a Sánchez porque hai que "camiñar en dereitos" fronte "á falsidade e a mentira".

"Evidentemente o presidente do Goberno está a facer unha reflexión, pero todos os españois que queremos en España, máis liberal, máis progresista, avanzada e de progreso, sen dúbida estamos aquí e eu creo que imos defender o que democraticamente obtivemos", afirmou o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Lluis Planas.

O secretario de Política Federal do PSOE, Patxi López, asegurou que o día de hoxe supón "un peche de filas" arredor de Pedro Sánchez e "a todo o que significa".

"A boa política fronte ao lodo, a defensa do interese xeral fronte aos privilexios duns poucos e a defensa da democracia fronte aos que queren manexar os fíos desde atrás", agregou.

Unha idea que tamén secundou a ministra Ciencia, Innovación e Universidades, Diana Morant, quen sinalou que Sánchez fixo unha invitación á  "reflexión profunda" sobre "que país merecemos".

"Imos enviar a mensaxe de que si que vale a pena porque estamos a loitar pola liberdade", afirmou.

Simpatizantes na contorna da sede socialista de Ferraz. EFE/Rodrigo Jiménez

Concentración de militantes e simpatizantes

Unhas 12.500 persoas, segundo fontes da Delegación do Goberno en Madrid, concentráronse diante da sede federal do PSOE dende primeira hora.

Militantes e simpatizantes socialistas, procedentes de distintos puntos de España, seguiron dende a rúa o Comité Federal do partido, que se emitiu por primeira vez en aberto, grazas ás pantalla e altofalantes instalados para a ocasión.

"Pedro non te rendas" ou "Queda, Pedro" son slogans que se podían ler en chapas e adhesivos que repartían os membros das agrupacións socialistas que fretaron decenas de autobuses para acudir a este comité.

"Democracia si, fascismo non" ou "Pedro, escoita, a túa xente está en loita" son algúns dos berros que coreaban as persoas concentradas ás portas de Ferraz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade