Publicador de contidos
Publicador de contidos

Diverxencias entre o PSOE e UP sobre Ucraína, co PP pedindo que rompan no Goberno

Diverxencias entre o PSOE e UP sobre Ucraína, co PP pedindo que rompan no Goberno

Apoio do comité federal do PSOE a Sánchez e ao envío de armas no marco da Unión Europea

Belarra amósase contraria á axuda armamentística e a favor da diplomacia

O PP di que Sánchez non pode seguir no Goberno cos que non están totalmente contra Putin

G24.gal 06/03/2022 20:41

Respaldo unánime do comité federal do PSOE á política de Pedro Sánchez fronte a Vladimir Putin. O líder dos socialistas defendeu o envío de armas a Ucraína e salientou que a diplomacia non chega para frear a que cualificou como invasión "salvaxe" de Putin: 

"Sabemos distinguir cal é o lado correcto da historia e xamais nos moveremos dese lado, do lado correcto da historia. O noso lado é condenar a guerra de Putin e estar xunto ao pobo ucraíno. O noso lado é esixir que se restableza a legalidade internacional".

Desde Unidas Podemos, Ione Belarra cargou contra os partidos da guerra, en referencia ao PSOE e o PP, entre outros. Unha vez máis, defendeu a alternativa diplomática como solución:

"Os partidos da guerra obviamente dinche: Moi ben, enviemos armas. Eu o que vos pido, compañeiros e compañeiras, é que pensemos. Creo, aínda que teñamos moitos poderes mediáticos e políticos en contra, que o máis útil para axudar o pobo ucraíno é, sen lugar a dúbidas, apostalo todo á diplomacia".

A resposta do PP veu da man de González Pons. Pediu que Pedro Sánchez rache cos socios podemitas, aludindo a que con eles no Goberno España non está plenamente do lado da liberdade e fronte a Putin:

"Que rompa decontado a súa coalición de goberno. Non se poden enviar soldados españois a defender a fronteira de Europa ao mesmo tempo que se ten aqueles que comprenden a Putin sentados no consello de Ministros"
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade