Divulgan o vídeo do disparo mortal dun policía a unha muller negra embarazada nos Estados Unidos
Divulgan o vídeo do disparo mortal dun policía a unha muller negra embarazada nos Estados Unidos
A Ta' Kiya Young, de 21 anos, acusábana de roubar alcol en Ohio nunha tenda local
O axente tiroteouna tras negarse ela a baixar do seu coche
A policía de Blendon Township, Ohio, difundiu o vídeo das cámaras corporais dos oficiais involucrados na morte de Ta’Kiya Young, unha muller negra embarazada de 21 anos.
Young morreu tras ser tiroteada por axentes de policía o 24 de agosto no aparcadoiro dunha tenda de alimentos nun incidente no que tamén perdeu a vida o seu bebé nonnato.
A súa familia cualificou o tráxico suceso como un “abuso flagrante de poder e autoridade”. No incidente vese un axente achegarse á porta da condutora mentres outro se coloca de fronte.
Young fora acusada de roubar botellas de alcol. De acordo con empregados da tenda, varias persoas subtraeron ilegalmente obxectos do comercio, pero fuxiron noutros vehículos.
Logo dunha breve discusión, a muller avanzou co seu vehículo e un policía disparou a través do parabrisas. O auto avanzou varios metros ata estrelarse contra o muro da tenda.
Young recibiu atención de emerxencia por parte dun doutor que foi testemuña da escena, pero non logrou sobrevivir.
O avogado da familia de Young, dixo que o vídeo mostra claramente que os disparos do 24 de agosto contra a muller de 21 anos carecen de xustificación, e esixiu o despedimento do policía e que se lle formulen cargos de inmediato. Tamén cuestionou a Policía por tardar máis dunha semana en dar a coñecer o vídeo despois dos feitos.
O axente que disparou contra a muller está suspendido de salario mentres a Oficina de Investigacións Penais de Ohio investiga os feitos, nun procedemento estándar. O sindicato da Policía asegura que aínda é cedo para presentar cargos, mentres o segundo policía involucrado xa regresou ás súas funcións.