Djokovic abandona Australia tras perder a batalla xudicial contra o Goberno do país
Djokovic abandona Australia tras perder a batalla xudicial contra o Goberno do país
Un tribunal autorizou a cancelación do seu visado e a súa deportación
O tenista vulnera as leis de entrada no país austral ao non estar vacinado
O tenista serbio Novak Djokovic abandonou este domingo Australia e perdeu a oportunidade de defender o seu título no primeiro gran torneo da tempada, despois de que un tribunal autorizara a cancelación do seu visado e a súa deportación por non estar vacinado.
"Podo confirmar que Djokovic xa se foi de Australia", declarou en Twitter o ministro de Inmigración Alex Hakwe, que o venres usou os seus poderes para cancelar por segunda vez o visado do deportista.
Tres xuíces do Tribunal Federal Australiano avalaron por unanimidade a legalidade da decisión do Goberno de Australia de revogar o visado do tenista e rexeitaron o recurso presentado pola defensa de Djokovic, tras unha vista virtual que foi retransmitida en directo en Youtube.
O deportista balcánico, que non está vacinado contra a covid–19 e con iso vulnera as leis de entrada aplicadas polo país austral contra a pandemia, partiu de Australia ao redor da 22:50 hora local (11:50 GMT) nun voo da aerolíña Emirates con destino a Dubai.