Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dolores Delgado, nova fiscal de Memoria Democrática co Consello Fiscal en contra

Dolores Delgado, nova fiscal de Memoria Democrática co Consello Fiscal en contra

Os vogais do órgano consultivo da Fiscalía Xeral decidiron non participar nin na votación nin no debate sobre este nomeamento

G24.gal 08/06/2023 11:42 Última actualización 08/06/2023 14:47

O fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, decidiu propoñer a súa predecesora no cargo, Dolores Delgadopara a nova praza de fiscal de sala de Memoria Democrática e Dereitos Humanos pese ao posicionamento en contra do Consello Fiscal, órgano consultivo da Fiscalía Xeral, pero non vinculante.

Tanto os seis vogais da Asociación de Fiscais (AF), de carácter conservador e maioritaria no consello, como o vogal da Asociación Profesional e Independente de Fiscais (APIF) mostráronse en contra do nomeamento de Delgado e decidiron non participar nin na votación nin no debate.

O Consello Fiscal está formado por seis membros da Asociación de Fiscais, maioritaria e de carácter conservador, dous da Unión Progresista de Fiscais, de carácter progresista, e un da Asociación Profesional e Independente de Fiscais (APIF), que tamén se opuxo estes días ao nomeamento sinalando o conflito de intereses que supoñen as actividades xurídicas da parella de Delgado, o exxuíz Baltasar Garzón, con este cargo.

Delgado xa ascendeu á máxima categoría coa maioría do Consello Fiscal en contra. No Pleno do 22 de setembro, os seis vocais da AF votaron por outro candidato e só catro vocais fixérono pola exfiscal xeral.

A Asociación de Fiscais pediu a dimisión de Álvaro García Ortiz.  O Goberno defende o proceso de elección.

"Hai un procedemento para o nomeamento dos fiscais de sala. Deixemos que fagan o seu traballo para facer os nomeamentos que corresponda. Estou seguro que o van facer seguindo os mellores estándares", afirmou Felix Bolaños, ministro da presidencia.

A proposta do fiscal xeral debe ser referendada en Consello de Ministros. Con todo, a designación de Dolores Delgado pode ser impugnada ante o Tribunal Supremo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade