Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil rexistra durante dez horas o despacho do fiscal xeral

A Garda Civil rexistra durante dez horas o despacho do fiscal xeral

Os axentes tiñan a orde de confiscar documentos e dispositivos electrónicos e de identificar todas a contas de correo de García Ortiz

Ricardo Rubio / Europa Press / Arquivo Ricardo Rubio / Europa Press / Arquivo
G24.gal 30/10/2024 14:24 Última actualización 30/10/2024 23:15

A Garda Civil concluíu o rexistro do despacho do fiscal xeral do Estado Álvaro García Ortiz, máis de dez horas despois de que os axentes da Unidade Central Operativa (UCO) do instituto armado chegasen ás oficinas.

Fontes próximas á investigación indicaron a EFE que os axentes, que acudiron sobre as 12:30 horas ao despacho por orde do maxistrado Ángel Hurtado, instrutor da causa aberta contra o fiscal xeral no Tribunal Supremo por presunta revelación de segredos, saíron da sede da Fiscalía ao redor das 22:45 horas.

Os investigadores fixeron o envorcado dos computadores e teléfonos móbiles do fiscal, como tamén o fixeron dos dispositivos electrónicos da fiscal xefa provincial de Madrid Pilar Rodríguez, investigada, como García Ortiz, na causa.

No auto en que se ordenaba o rexistro, ao que tivo acceso EFE, o xuíz reclamaba aos servizos da Fiscalía que identificasen todas as contas de correo electrónico de García Ortiz. O maxistrado decretou ademais o segredo do sumario polo prazo un mes. 

O xuíz investiga se García Ortiz e Rodríguez incorreron nun delito de revelación de segredos sobre os correos en que Alberto González Amador, noivo da presidenta da Comunidade de Madrid Isabel Díaz Ayuso, ofrecía un pacto á Fiscalía e se declaraba culpable de dous delitos fiscais por defraudar máis de 350.000 euros dos beneficios obtidos pola venda de máscaras na pandemia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade