Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cigarróns e pantallas enchen as rúas de Verín e Xinzo de Limia

Cigarróns e pantallas enchen as rúas de Verín e Xinzo de Limia

O domingo corredoiro anuncia a chegada dos días grandes do Entroido

G24.gal 04/02/2024 19:15 Última actualización 04/02/2024 21:43

Centos de cigarróns fixeron soar as súas chocas por todo Verín. 

"Sentimos a tradición, a morriña".

"Iso é de todo a vida e gusta velos".

Látego en man, esperaban os fregreses á saída da misa porque este domingo as rúas son deles.

"Hoxe é o noso día, aínda que saímos outros días do Entroido, hoxe mandamos nós".

"É tradición, ademais vívelo. Rezas todo o ano para que chegue".

En Xinzo, as protagonistas da festa son as pantallas. Saen á rúa para comprobar que ninguén vai sen disfrace.

"Cada vez que pasa a Pantalla é a ilusión dun neno pequeno, é impresionante".

"É o mellor do Entroido, só vivimos para isto, hoxe ao levantarse e ao deitarse onte á noite coa ilusión".

"É unha festa tremenda, estase de marabilla. A ver quen vai traballar mañá".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade