Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jorge Prado gaña no Trentino a súa primeira proba da temporada

Jorge Prado gaña no Trentino a súa primeira proba da temporada

Dominou a primeira carreira e asegurou cun terceiro posto a segunda, que lle deu o triunfo global

Rubén Fernández fai unha gran primeira carreira (3.º) pero cun 7.º na segunda perdeu a praza no podio

G24.gal 16/04/2023 14:52 Última actualización 16/04/2023 18:09

Jorge Prado gañou o Gran Premio do Trentino (Italia) e consolida o primeiro posto á fronte do Mundial de motocrós. 

Na primeira carreira houbo dominio dos pilotos galegos. Unha caída entre os favoritos (Herlings, Febvre e Seewer) aproveitouna Jorge Prado para facer o holeshot, coller a cabeza e xa non a soltou ata o final. Por detrás Rubén Fernández mantivo o ritmo durante moitas voltas na segunda posición. Unha caída no treito final do vigués aproveitouna o francés Renaux para superalo e acabar por diante del. Herlings remontou ata o 9.º posto e Febvre foi o 12.º. 

A segunda rolda tamén acreditou unha gran saída, dominou durante vinte minutos con Renaux moi preto pero por detrás chegou cunha potencia inusitada Herlings, que acabou gañando a carreira. Prado aguantou a terceira posición consciente de que lle daba a vitoria global por diante de Renaux, que asinou dous segundos postos. 

Máis irregular estivo Rubén Fernández, que foi o sétimo clasificado. No gran premio quedou ás portas do podio, na cuarta posición. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar