Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous detidos en Ribeira polo alixo de cocaína comisado en Asturias ao afundirse unha narcolancha

Dous detidos en Ribeira polo alixo de cocaína comisado en Asturias ao afundirse unha narcolancha

Tamén están arrestados tres tripulantes de procedencia francesa

Imaxes cedidas por Narcodiario Imaxes cedidas por Narcodiario
G24.gal 07/02/2025 16:48 Última actualización 07/02/2025 17:08

O alixo duns 400 quilos de cocaína por mor do afundimento dunha narcolancha en Asturias suma, ademais dos tres tripulantes de nacionalidade francesa rescatados e detidos na pasada xornada, con outros dous arrestados, de orixe galega.

Fontes coñecedoras da investigación confirmaron que o cuarto detido foi arrestado en terra xa este xoves e un quinto este mesmo venres, xornada na que se realizaron rexistros na localidade de Ribeira.

No operativo participaron efectivos da Policía Nacional, con Greco e Garda Civil.

O alixo derivou do rescate inicial de tres tripulantes dunha embarcación na costa asturiana, xa que se puido comprobar que, xunto á mesma, había paquetes de droga aboiando.

Nun primeiro momento, foi o Hélimer 2011, o helicóptero de Salvamento Marítimo, o que se desprazou á zona ante o aviso de que afundira unha embarcación motora con tres persoas a bordo.

 Os tres tripulantes, que tiñan síntomas de principio de hipotermia, foron trasladados en helicóptero ata o hospital de Jove.

Ao volver Salvamento Marítimo á zona de afundimento, atoparon sete paquetes de droga aboiando

Deuse entón avisou do achado á Garda Civil, que desprazada á zona atopou máis paquetes no mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade