Deteñen dúas persoas polo asalto armado a un chalé en Marín
Deteñen dúas persoas polo asalto armado a un chalé en Marín
Os ladróns detonaron varias veces unha escopeta para intimidar a familia da vivenda
A Policía Nacional detivo os presuntos autores, que actuarían por encargo
Os feitos sucederon o domingo 22 de outubro, cando dous homes armados cunha escopeta asaltaron un chalé situado entre as parroquias de Seixo e Ardán. Para asustar a familia, que se atopaba na casa, chegaron a detonar dúas veces a arma.
Despois do roubo fuxiron nun coche que a policía localizou nos arredores da zona urbana de Marín. Os axentes atoparon no interior luvas e un pasamontañas e, moi preto do vehículo, varios cartuchos de arma de fogo. A pista levounos á primeira detención dun dos presuntos autores do delito. O segundo sería localizado e arrestado despois en Sanxenxo.
Segundo informa a Policía Nacional, ambos actuarían por encargo de terceiras persoas.