Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous empates no Grupo de Inglaterra deixan todo para a última xornada

Dous empates no Grupo de Inglaterra deixan todo para a última xornada

Os ingleses ocupan o primeiro posto logo de igualar con Dinamarca (1-1)

Eslovenia e Serbia tamén empataron a un cun gol de Jovic na última xogada do partido

G24.gal 20/06/2024 19:44

Inglaterra e Dinamarca empataron no partido correspondente á segunda xornada do Grupo C. Os ingleses ocupan o primeiro posto con 4 puntos e Dinamarca é segunda con 2. Todo queda pendente da derradeira xornada á que chegan con posibilidades os catro equipos. 

Os goles do encontro de Frankfurt marcáronse no primeiro tempo. Kane adiantou os ingleses e Hjulmand igualou para os dinamarqueses no minuto 36. No segundo tempo a mellor ocasión estivo nas botas de Foden, pero o seu remate estrelouse contra o barrón. 

Jovic dálle vida a Serbia no último suspiro

No outro partido desta xornada no grupo C, Eslovenia e Serbia empataron a un gol, un empate logrado polos serbios nos minutos de engadido. Os goles chegaron no segundo tempo. O primeiro no 69, Karnicnik estreou o marcador nunha xogada que el mesmo iniciou liderando un contragolpe que rematou  tras un centro de Elsnik. Pero Serbia non se rendeu e no último minuto do engadido Jovic remataba un saque de esquina para poñer as táboas. Un empate que deixa todo aberto para a última xornada da fase de grupos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos