Cargando resultados...
Dous fotoxornalistas españois gañan o premio Pulitzer
Dous fotoxornalistas españois gañan o premio Pulitzer
Bernat Armangue e Emilio Morenatti son dous dos seis fotoxornalistas da axencia Associated Press, distinguida con dous galardóns
Os principais premios recoñeceron a cobertura da guerra de Ucraína
G24.gal
09/05/2023 08:46
Última actualización 09/05/2023 08:56
Dous españois entre os premiados co Premio Pulitzer 2023. Bernat Armangue e Emilio Morenatti forman parte do elenco de seis fotoxornalistas da axencia estadounidense Associated Press galardoada este ano con dous premios.
O principal, a distinción de Servizo Público, pola súa cobertura da guerra de Ucraína e o premio de Fotografía de Noticias de Última Hora. O New York Times levou o Pulitzer de reporteirismo internacional polo seu seguimento da guerra. Outros grandes medios estadounidenses, como é habitual, tamén foron recoñecidos polo xurado, como o Washington Post ou o Wall Street Journal.