Cargando resultados...
Dous artistas galegos loitan por pasar á fase final dos Grammy
Dous artistas galegos loitan por pasar á fase final dos Grammy
O seu tema Romance foi preseleccionado para optar a este importante premio musical
G24.gal
19/10/2024 14:24
Última actualización 19/10/2024 15:01
É posible que Galicia estea presente na vindeira edición dos Grammys, en 2025, da man dos DJ e produtores Frisco Taibo e Marcos Peón.
Estes dous artistas optan ao premio da mellor gravación Dance Pop co sinxelo Romance, que presentan canda a cantante norteamericana Nikkole.
Ambos os dous produtores forman un equipo cunha vintena de sinxelos e con máis de vinte anos facendo bailar á xente.
O 8 de novembro coñeceranse as cinco candidaturas que pasarán á fase final dos Grammy, nunha categoría que na última edición tivo como finalistas a David Guetta ou á gañadora, Kilye Minogue.