Dous incendios no concello ourensán de Larouco calcinan máis de 230 hectáreas
Dous incendios no concello ourensán de Larouco calcinan máis de 230 hectáreas
Afectan as parroquias de Seadur e Freixido
Dous incendios forestais rexistrados no municipio ourensán de Larouco calcinaron ata o momento 230 hectáreas.
O primeiro incendio comezou onte ás 20:59 horas na parroquia de Seadur.
A súa orixe parece ser que foi un raio, afecta a unhas 110 hectáreas, segundo o último balance provisional facilitado pola Xunta.
No seu control participan nove axentes, vinte brigadas, 17 motobombas, unha pa, unha unidade técnica de apoio, catro helicópteros e dous avións.
Doutra banda, un segundo incendio rexistrado ás 07:26 horas da mañá de hoxe na parroquia de Freixido afecta máis de 100 hectáreas.
Ata este lugar desprazáronse de momento tres axentes, seis brigadas, dúas motobombas, catro helicópteros e dous avións para tratar de sufocar as lapas.