Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous nenos feridos no accidente da cabalgata de Marchena seguen graves

Dous nenos feridos no accidente da cabalgata de Marchena seguen graves

Este sábado recibiron a alta no hospital de Osuna dous dos once feridos 

A única vítima mortal, unha muller de 72 anos, foi enterrada este venres

Dous nenos, de dous e nove anos, seguen graves no Hospital Clínico de Sevilla
G24.gal 07/01/2023 20:35 Última actualización 07/01/2023 20:51

No hospital Virgen del Rocío de Sevilla seguen internados os dous feridos máis graves no tráxico accidente rexistrado este xoves na localidade andaluza de Marchena durante a cabalgata dos Reis Magos. Son dous nenos, de dous e nove anos, que están graves pero estables. 

Dúas novas altas

Noutro hospital andaluz, o comarcal de Osuna, este sábado déronlles a alta a dous homes e permanecen ingresados en planta outros dous, de 44 e 66 anos. Os outros sete feridos xa recibiron a alta.

A única persoa falecida no accidente, unha veciña de Marchena, de 72 anos, foi enterrada este venres.

Exame do tractor

O tractor que causou o atropelo múltiple, por causas que determinará a investigación xudicial en marcha, permanece custodiado nunha nave do concello de Marchena. Algúns tractoristas da localidade din que o accidente puido producirse tras a avaría do sistema electrónico do vehículo.

A Deputación de Sevilla e o Concello de Marchena decretaron loito oficial durante catro días, que rematarán o próximo luns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade