Cargando resultados...
Douscentos cincuenta bikers participaron no Cinto Verde
Douscentos cincuenta bikers participaron no Cinto Verde
G24.gal
26/10/2021 17:37
Douscentos cincuenta bikers participaron no Cinto Verde que tiña como saída e chegada o parque de Castrelos.
Esta iniciativa de 74 quilómetros incluía tres treitos cronometrados nun percorrido que visitou as inmediacións do río Lagares, os montes de Coruxo, o monte Alba, a zona universitaria, o parque forestal de Beade e O Vixiador.
Ciclismo e beleza paisaxística, motivos para deterse e comprobar as vistas da cidade desde unha posición alta.
Brandan Márquez e Silvia García foron os que menos tempo investiron nos treitos cronometrados. Brandan Márquez é o grande especialista galego en carreiras de ultramaratón.