Publicador de contidos
Publicador de contidos

Drama en Hungría coa lesión de Varga e ledicia polo gol no último intre

Drama en Hungría coa lesión de Varga e ledicia polo gol no último intre

O xogador Varga tivo que marchar a un hospital logo de recibir un duro golpe na cabeza

Csoboth marcou no minuto 100 e os húngaros aínda teñen opcións de meterse como unha das mellores terceiras

G24.gal 23/06/2024 23:00

O partido entre Escocia e Hungría estivo tinguido de dramatismo. Sobre todo logo dun choque entre o porteiro escocés e o xogador Varga que acabou co húngaro tendido no chan sen reaccionar e evacuado a un hospital de xeito inmediato. 

Tamén polo desenlace deportivo do encontro. Escocia estivo buscando o gol que lle garantira a terceira posición do grupo e ter opcións de seguir nos oitavos de final e xusto no último minuto do engadido -dera dez minutos o colexiado- Csoboth aproveitou unha contra para darlle os tres puntos a Hungría. 

Escocia queda eliminada da Eurocopa e Hungría terá que agardar ao desenlace dos outros grupos para saber si continúa participando como unha das catro mellores terceiras clasificadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos