Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dúas festas máis en Downing Street antes do funeral polo Duque de Edimburgo

Dúas festas máis en Downing Street antes do funeral polo Duque de Edimburgo

Serían festas nas que terían participaron asesores do Goberno e funcionarios, pero non o primeiro ministro

G24.gal 14/01/2022 16:40

As novas revelacións sobre as festas celebradas no número 10 Downing Street en momentos de máximas restricións pola pandemia poñen a Boris Johnson contra as cordas.

As dúas últimas descubertas pola prensa engaden outra compoñente. Celebráronse en pleno loito nacional polo falecemento do duque de Edimburgo, na véspera do seu funeral.

Segundo a información publicada, Johnson non estaba presente nas festas, en que, aseguran, non se usaba a máscara nin había distancia de seguridade e consumiuse gran cantidade de alcol.

Pero desde Downing Street emitiron un comunicado desculpándose coa Raíña Isabel II, á que todos lembran soa no discreto funeral do seu marido cumprindo coas normas sanitarias.

A oposición di que se traspasou o límite e pide abertamente a dimisión do primeiro ministro. E na rúa xa non aceptan máis desculpas.

A semana pecha cun Boris Johson cada vez máis acurralado. A súa popularidade afundiuse no último mes e segundo as enquisas case un 70 por cento dos británicos quéreno fóra do Goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade