Dúas persoas feridas ao derrubarse unha cheminea sobre o teito da cociña en Lalín
Dúas persoas feridas ao derrubarse unha cheminea sobre o teito da cociña en Lalín
O vento derrubou a cheminea e os cascotes golpearon ás dúas persoas que estaban na cociña
Os obreiros xa parchearon o tellado para evitar que siga chovendo dentro
Escoitouse un golpe seco e veulles todo enriba.
"Escoitei un ruído grande e pensei que era un relámpago grandísimo pero cando entrei na cociña xa non daba creto: a miña parella tirada entre os cascotes e a miña amiga saíndo toda dolorida", explica Sonia Rodríguez, unha das inquilinas da casa.
Terrible final dun café entre amigos nunha tarde de temporal. O tellado da casa, de uralita, non resistiu o impacto da cheminea, moito máis pesada. O teito da cociña caeu coma unha folla de papel sobre as dúas persoas que estaban neses momento dentro.
"Estabamos aqui na cociña. Xusto acababa de saír a miña filla pequena de seis anos e veuse o teito abaixo. Todos os cascotes nos caeron á nosa amiga e mais a min. Ela levou un golpe pequeno na cabeza e a peor parte leveina eu, cun golpe na cabeza, no costado que foi o que me provocou a luxación no hombreiro e a costela estillada pero nos golpes na cabeza non hai danos", sinala David Meneses, o principal afectado.
Un golpe grande e un susto peor, pero nada ao que puido ser.
"O que o salvou foi que a cheminea quedou nesta viga de aquí, enganchada porque se queda a caer para baixo, acabouse todo", di Sonia.
Co corpo aínda dorido, fai balance dos danos na casa.
"Todo o tellado, que quedou un burato dun diámetro de metro e medio. O que van facer os obreiros é tapar o tellado para que siga chovendo dentro e despois haberá que por as placas de pladur e pintar a cociña porque quedou todo estragado", adianta David.
A primeira hora, case aínda sen luz do día, os obreiros acudiron á vivenda para reparar o tellado, polo menos parchealo para que a familia poida recuperar a normalidade canto antes.