Cargando resultados...
Ducias de persoas protestan en Vigo contra a alta sinistralidade laboral en Galicia
Ducias de persoas protestan en Vigo contra a alta sinistralidade laboral en Galicia
No que vai de ano faleceron nove persoas nos seus postos de traballo, sete delas na provincia de Pontevedra
G24.gal
11/04/2024 20:15
Última actualización 11/04/2024 20:51
Os sindicatos CIG, Comisións Obreiras e UXT convocaron unha manifestación en Vigo para protestar pola alta sinistralidade laboral en Pontevedra.
No que vai de ano faleceron nesa provincia sete persoas nos seus postos de traballo das nove que morreron en total en Galicia.
Os tres sindicatos instan as empresas e as administracións a actualizaren a lei de prevención de riscos laborais e a vixiaren que se cumpra escrupulosamente.