Egea dimite e Casado resígnase a convocar un congreso extraordinario
Egea dimite e Casado resígnase a convocar un congreso extraordinario
Rosario de dimisións no núcleo duro do partido
O líder reúnese mañá cos baróns territoriais
Pablo Casado perde o seu principal home de confianza. Sinalado por todos como o culpable da crise, o secretario xeral, Teodoro García Egea, dimite do seu cargo só cinco días despois de lanzar as acusacións máis duras contra Isabel Díaz Ayuso.
A súa é a máis importante da fervenza de renuncias que vive o partido. Este martes deixaron os seus postos no comité de dirección Andrea Levy, Belén Hoyo e a responsable de Exterior, Ana Vázquez.
A deputada ourensá cre que "a dirección do partido debe convocar xa ese congreso extraordinario que están pedindo os afiliados, que me trasladaban o seu cabreo, xente que nos increpaba polas rúas, e isto non o podo permitir".
Tamén abandona a cargo de voceiro do partido o alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida.
O rexedor dixo que "o meu compromiso co concello de Madrid está moi por riba do meu compromiso co Partido Popular".
Casado reúne este mércores os líderes autonómicos do partido. Non estará Ayuso, que non preside o PP de Madrid. Aínda así, 14 dos 17 vanlle pedir un congreso extraordinario para elixir novo presidente. O seu principal aliado entre os baróns, o murciano López Miras, tamén o abandona.
"Evidentemente, a situación é insostible, non pode seguir así. Necesitamos tomar decisións de forma urxente", dixo Miras.
Segundo algunhas fontes, Casado convocará ese congreso extraordinario na Xunta Directiva Nacional que se vai celebrar o vindeiro martes. Antes, en 12 horas, hai unha sesión de control ao Goberno onde todas as olladas estarán por unha vez na bancada da oposición.