O Raio Vallecano confirma a incorporación de James, que tamén soou para o Celta
O Raio Vallecano confirma a incorporación de James, que tamén soou para o Celta
Jame foi elixido este verán mellor xogador da Copa América 2024
O Raio Vallecano confirmou este luns o acordo co centrocampista colombiano James Rodríguez para a súa incorporación ao plantel rdo raio e o regreso do xogador á liga española, na que xa foi xogador do Real Madrid entre os anos 2014 e 2017.
James, que se atopaba na capital para pechar a súa fichaxe, foi elixido este verán mellor xogador da Copa América 2024, onde bateu o récord de asistencias dun xogador (6) no mesmo torneo, no que Colombia perdeu a final contra Arxentina.
O Raio asegurou que asina así "a súa fichaxe estrela na que é a súa tempada máis especial por cumprir 100 anos de historia; de valentía, coraxe e nobreza".
Para o equipo madrileño James "representa os valores do club" e o xogador ten "ganas de soñar e facer cousas grandes".
🗣️ @jamesdrodriguez: “Con mucha ilusión de poder jugar un partido acá y poder demostrar que quiero ganar”
— Rayo Vallecano (@RayoVallecano) August 26, 2024
Las primeras palabras del centrocampista colombiano como jugador del Rayo ⚡️🤩 pic.twitter.com/yVjrT0O2Rm
O xogador colombiano tamén soou con forza para incorporarse á disciplina do Celta.