Cargando resultados...
Eleccións en Grecia: Mitsotakis parte como favorito nas enquisas
Eleccións en Grecia: Mitsotakis parte como favorito nas enquisas
O conservador Mitsotakis aspira a renovar o seu mandato
Á esquerda, Tsipras, de Syriza, é o outro candidato que pode facerlle fronte
Case dez millóns de gregos están chamados a votar este domingo
G24.gal
19/05/2023 09:34
Grecia celebra eleccións xerais este domingo. E o favorito é o actual presidente, o conservador Mitsotakis, líder do partido Nova Democracia. O candidato mellor posicionado despois del é Tsipras, de Syriza. O terceiro partido en intención de voto, segundo as enquisas, é o Pasok.
Nestes comicios Grecia estrea un sistema electoral proporcional que elimina o premio de 50 escanos para o primeiro partido, o que deixa o resultado máis aberto. Están chamados a votar case dez millóns de cidadáns.