Publicador de contidos
Publicador de contidos

Eleccións europeas: o PP gañaría por nove puntos e Montero lograría escano para Podemos

Eleccións europeas: o PP gañaría por nove puntos e Montero lograría escano para Podemos

Unha sondaxe elaborada para o xornal El Mundo concede 25 eurodeputados ao PP, 19 ao PSOE, 7 a Vox, e 6 a Sumar

G24.gal 02/01/2024 09:13

A sondaxe que publica este martes o xornal El Mundo sobre as eleccións europeas, que se van celebrar o próximo 9 de xuñoprevé que o PP gañe estes comicios cun 38,1 % dos votos, seguido polo PSOE, cun 29,2 %, Vox, co 11,8, e Sumar cun 10,1 %.

Segundo a sondaxe, elaborada por Sigma-Dos, de repetirse a coalición Agora Repúblicas, que nos pasados comicios europeos integraron ERC, EH-Bildu e BNG, esta formación obtería o quinto posto cun 2,8 % dos sufraxios, seguido de Podemos, cun 2,6 %, de Junts cun 2,3 %, e da coalición liderada polo PNV, tamén pendente de se se repite o pacto con CC, cun 2 %.

Traducido a escanos, o PP obtería 25 do total de 61 que se lle outorgan a España. 19 serían para o PSOE, 7 para Vox, 6 para Sumar, un para Agora Repúblicas, un para a candidatura de Podemos, previsiblemente encabezada por Irene Montero, outro para Junts, e outro para a candidatura encabezada polo PNV.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade