Publicador de contidos
Publicador de contidos

Elevan a 200 quilos de droga e 400.000 euros o comisado en rexistros na provincia de Pontevedra

Elevan a 200 quilos de droga e 400.000 euros o comisado en rexistros na provincia de Pontevedra

O pase ao disposición xudicial dos 12 arrestados e Galicia neste operativo da Garda Civil producirase previsiblemente este xoves

G24.gal 13/09/2023 11:48 Última actualización 13/09/2023 14:19

Os rexistros enmarcados na operación contra o tráfico de droga levada a cabo na provincia de Pontevedra e Andalucía este pasado martes saldáronse coa incautación duns 200 quilogramos de estupefacientes e 400.000 euros en efectivo, segundo fontes da investigación consultadas por Europa Press.

En concreto, o operativo supuxo a detención de doce persoas en diferentes localidades pontevedresas, incluíndo municipios como Cangas, Vigo, Vilagarcía ou Vilanova de Arousa. A eles hai que sumar outra persoa arrestada en Córdoba.

Un dos principais rexistros practicouse nunha finca de Rubiáns, en Viagarcía, no mesmo lugar en que o pasado abril foran localizados 200 quilos de cocaína nun zulo subterráneo, dentro dunha granxa.

Os detidos pasarán a disposición xudicial previsiblemente este xoves, segundo as mesmas fontes, que descartan que acudan aos tribunais este mércores. O caso instrúeo o Xulgado número 1 de Cangas, que será onde se lles tomará declaración.

O Equipo de Delincuencia Organizada Antidroga (EDOA) da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra encárgase da operación, que continúa aberta.

Polo momento producíronse máis de dez rexistros entre ambos os territorios. As mesmas fontes afirmaron que non ten relación co pesqueiro que o martes chegou ao Porto de Vigo con máis de dúas toneladas de cocaína abordo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade