Elisa Aguilar, primeira presidenta da FEB nos seus 100 anos de historia
Elisa Aguilar, primeira presidenta da FEB nos seus 100 anos de historia
É a segunda muller á fronte dunha das 34 federacións olímpicas e a única dentro da federación
Elisa Aguilar, única candidata a suceder no cargo a Jorge Garbajosa, que dimitiu o pasado mes de agosto para emprender unha nova etapa como presidente de FIBA Europa, foi nomeada este luns presidenta da Federación Española de Baloncesto (FEB), a primneira muller nos seus cen anos de historia.
O hotel Eurobuilding de Madrid acolleu a Asemblea Extraordinaria da FEB no que 77 dos asembleístas e representantes de todos os estamentos do baloncesto español votaron a favor de Elisa Aguilar e dous abstivéronse.
Aguilar, que traballou estreitamente nos últimos anos con Garbajosa como directora de Competicións, converteuse así na segunda muller á fronte dunha das 34 federacións olímpicas e a única dentro da federación - Asunción Loriente foi a primeira en ostentar o cargo de presidenta, en Remo.