Publicador de contidos
Publicador de contidos

Empate de oficio do Lugo en Irún (0-0)

Empate de oficio do Lugo en Irún (0-0)

Paulo Alves apostou por un equipo repregado e ordenado que minimizase o seu rival

Lucas, o porteiro, o mellor dos lucenses

G24.gal 03/02/2024 20:47

O Lugo quería encadear unha nova vitoria. Visitaba o Real Unión de Irún, que se atopaba tan só un punto por debaixo na táboa. O Lugo repregou no seu propio campo, aínda que estaba ben plantado sen sufrir moito. Jozabed rematou, como puido, un córner lanzado desde o perfil dereito. Foi a única aparición lucense pola área do Real Unión de Irún. Os locais intentaron achegarse a través de centros laterais. Primeiro desde a esquerda, chegoulle o balón a Asier Benito, pero non conectou o remate. Pouco despois foi desde a dereita, pero Lucas sacou unha gran man rexeitando o balón, ao que ningún xogador de branco conseguiu chegar. Tamén probaron desde lonxe cun disparo de Asier Córdoba, que marchou bastante desviado. Así se chegou ao tempo de lecer. O Real Unión como claro dominador do partido, o Lugo repregado, tentaba roubar e saír pero poucas veces foi capaz.

Á volta dos vestiario, outra vez Jozabed intentouno tímidamente. De volea desde o balcón da área pero Unai destivo o balón sen complicacións. Pouco despois volveu avisar o Irún. Nunha falta lateral, impúxose Videorreta, pero o seu cacholazo marchou rozando o pau. O partido tiña o mesmo guión, pero resta vez as chegadas do Irún traían máis perigo. Asier Benito volveu a dar un susto ao Lugo. Recibiu na área un balón en profundidade pero o seu disparo obrigou a Lucas a intervir cunha boa man. Cada vez andaba máis perdido o Lugo e apertaba máis o Real Unión. Un potentísmo disparo de falta Oyarzun fixo que Lucas volvese a voar, sacando unha man a escuadra. Paulo Alves fixo debutar a Mario da Costa e Fran Mérida, as fichaxes de inverno. O Lugo, a partir do minuto 80, foi quen de conseguir encadear secuencias de pases e tomar aire, deixando atrás o dominio do Real Unión. Inda así non gozou de oportunidades como para desfacer a igualada.

Isto deixa ao Lugo 9º, con 30 puntos. Un posto por riba e un punto por diante do seu rival, o Real Unión. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar