Empate que non vale a ninguén entre Xeorxia e República Checa
Empate que non vale a ninguén entre Xeorxia e República Checa
Ambos conxuntos desaproveitaron ocasións claras para levar os tres puntos(1-1)
Xeorxia e República Checa contaban coa oportunidade de sumar tres puntos para colocarse con vantaxe de cara á clasificación. Os xeorxiáns aproveitaron un gol no engadido para poñerse por diante pero Patrick Shick puxo o empate pouco antes do minuto 60. A segunda metade foi claramente dos checos a partir deste gol, mais non conseguiron adiantarse no partido. O combinado de Xeorxia foi quen de xerar varios contraataques claros que tampouco remataron en gol, destacando especialmente a última xogada do partido, un tres contra dous onde o último tiro saíu por riba da meta checa.
Con este empate ambas seleccións teñen un punto, e dependerán do que ocorra entre Portugal e Turquía para determinar as súas opcións de clasificación para o último partido.