O Breogán vende cara a súa derrota diante do Real Madrid
O Breogán vende cara a súa derrota diante do Real Madrid
Comezou mal o partido (19-7) pero entrou nos últimos minutos con opcións de gañar o partido
Mahalbasic, 18 puntos, foi o mellor dos galegos
Minuto a minuto
Queda unha hora para que comece o partido e xa temos o Breogan no Pavillón. E vai estar ben acompañado!!!
Xa coñecemos o primeiro semifinalista da Copa. Será o Lenovo Tenerife que se impuxo ao Joventut por 62-64. O rival sairá do Real Madrid-Breogán
Presentación dos equipos!!!
Emotivo minuto de silencio polos mariñeiros do Vila de Pitanxo. Comezou o partido con vantaxe 8-3 para o Real Madrid
(16-3) Pide tempo morto Mrsic. Non funciona o ataque do Breogán
(27-16) Remata o primeiro cuarto. Acabou collendo o ritmo anotador o Breogán pero o Real Madrid está imparable nas triplas cun Yabusele moi inspirado
(30-23) Bo inicio de cuarto do Breogán cun parcial de 3-7
(36-24) Moi dura a defensa do Real Madrid sobre Musa. Mantén a vantaxe en +12
(41-31) Descanso con +10 para o Real Madrid. Mellor o Breogán neste segundo cuarto, con boa actividade defensiva. Mahalbasic (8 puntos), o máis destacado
(51-39) Triplaaa de Musa pero resposta Alberto Abalde con outra. O Breogán non é quen de baixar a barreira dos 8 puntos
(56-44) Colleu o Real Madrid unha máxima de 15 (56-41) pero Bell Haynes recurta cunha tripla
(57-50) Acabou o cuarto o Breogán cun parcial de 1-9 que os deixa a sete do Real Madrid. Hai partido!!!!!
(57-55) Canastra de Sakho e tripla de Lukovic para colocarse a dous do Real Madrid!!!!
(62-60) Intres de pouco acerto dos dous equipos pero dúas canastras seguidas de Mahalbasic (16 pt) volven poñer o Breogán a 2
(66-62) Entramos no intre da verdade. Posesión para o Breogán. Pode acontecer calquera cousa
(71-62) Tívo a súa oportunidade o Breogán pero unha técnica a Mrsic logo dunha falta non pitada sobre Musa e unha canastra de Heurtel abren unha fenda definitiva
(73-67) Rematou o partido. O Breogán entrou con opcións no treito decisivo pero Heurtel e algunha decisión arbitral acabaron por decidir a prol do Real Madrid. O Breogán gañou todos os cuartos agás o primeiro