Griezmann castiga a fráxil moral dun Celta con dez (0-3)
Griezmann castiga a fráxil moral dun Celta con dez (0-3)
A expulsión e o penalti de Iván Villar no 25 marcou o desenvolvemento do partido
Ata ese intre o Celta estaba a ser mellor que o seu rival
O dianteiro francés, cunha tripla, resultou letal
Minuto a minuto
Ás 21:00h comeza o partido de Balaídos: Celta-Atlético de Madrid
Este é o XI inicial de Rafa Benítez. Entran Kevin e Manu Sánchez nos laterais
📋✅ O noso 𝗫𝗜 🆚 @Atleti!#CeltaAtleti ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/LNgoJ0qe1G
— RC Celta (@RCCelta) October 21, 2023
E este é o XI de SImeone para o partido:
👥 ¡Ya tenemos 1⃣1⃣ titular! pic.twitter.com/vTXRYv5fDJ
— Atlético de Madrid (@Atleti) October 21, 2023
Comezou o partido!!!
Mingueza xoga en profundidade con Larsen pero anticípase Oblak
Xogada individual de Aspas pero o remate vaise alto
Erro maiúsculo do Atlético na saída, recupera Mingueza pero o seu remate marcha alto
Remate cruzado de Lino e rexeita Iván Villar ... E na contra Aspas asiste a Larsen que está preto de sorprender a Oblak. Partido trepidante!!!
Penalti e expulsión de Iván Villar!!!! Escorregoulle a bola nun centro lateral e acabou derrubando a Morata. Guaita ao campo
0-1 Entrou Guaita por Kevin ... Pero Griezmann transforma o lanzamento
Que ocasión de Larsen!!!! Contra que leva Aspas, xoga co noruegués que remata alto por pouco!!!!
Aspas recibe na frontal pero remata cruzado
Remata Lino e Guaita resposta cunha gran parada. Na contra Mingueza chega á área pero non é quen de rematar entre os tres paus
Segunda parte en xogo. O Celta precisa facer un partido perfecto xogando en inferioridade
Primeiro Riquelme e despois Morata avisan. O Celta saiu con ambición pero ten que ter tino coas contras do Atlético
Ao traveseiro Bamba!!!!! Puido chegar o empate e Balaídos vense arriba
Marchan Aspas e Beltrán para que entren Douvikas e Sotelo
0-2 Xogada de Griezmann desde campo propio que acaba sorprendendo a Guaita polo pau curto
Lanzamento de De La Torre que chapa Oblak con apuros na mesma liña de gol
0-3 O terceiro do Atlético, o terceiro de Griezmann. Carreira de Morata, xoga cara atrás e marca o francés
Unai remata de cabeza rozando o poste. O Celta xerou tantas ocasións como o Atlético pero faltou sorte no remate
Gol anulado por fóra de xogo de Soyunku para o Atlético
O partido hai moito que quedou resolto. Haberá que escoitar as explicacións de Benítez depois de facer 6 puntos de 30 posibles