Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bruno Saltor, primeira opción para o banco do Deportivo

Bruno Saltor, primeira opción para o banco do Deportivo

Saltor sería a opción máis persoal do director de fútbol do Deportivo, Fernando Soriano

G24.gal 29/10/2024 11:29 Última actualización 29/10/2024 11:32

Entre os nomes que figuran encima da mesa  do Dépor destaca o de Bruno Saltor, pois ten un perfil moi diferente ao de resto de profesionais que se contemplan desde que o Deportivo decidiu destituír a Imanol Idiakez.

Saltor sería a opción máis persoal do director de fútbol do Deportivo, Fernando Soriano, de quen foi compañeiro como futbolista no Almería.

Catalán de 44 anos, formou parte do corpo técnico de Graham Potter no Brighton e, posteriormente, no Chelsea. Alí chegou a dirixir brevemente ao equipo londiniense tras a destitución de Potter o pasado ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar