O Celta sofre "a lei do ex" e cae fronte á Real Sociedade (0-1)
O Celta sofre "a lei do ex" e cae fronte á Real Sociedade (0-1)
Un golazo de Brais Méndez, canteirán celeste, decidiu o partido
O martes volven a enfrontarse nos cuartos de final da Copa do Rei
Minuto a minuto
As 21:00 comeza o primeiro dos dous partidos entre Celta e Real Sociedade. As aliñacións do encontro xa foron confirmadas polos dous equipos, o Celta sae con
📋✅ O noso 𝗫𝗜 🆚 @RealSociedad!#CeltaRealSociedad ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/VSDDiwRNvl
— RC Celta (@RCCelta) January 20, 2024
Pola súa parte, a Real Sociedade sae con estes once xogadores
📝 ¡La 𝗔𝗟𝗜𝗡𝗘𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 de la Real 🆚 @RCCelta!#CeltaRealSociedad | #WeareReal pic.twitter.com/UacdQEelXj
— Real Sociedad Fútbol (@RealSociedad) January 20, 2024
Comeza o partido en Balaídos!
GOLAZO do exceltista Brais Méndez para adiantar os donostiarras... CEL 0-1 RSO
Gran ocasión de Larsen e paradón de Remiro. A acción foi invalidada por fóra de xogo, pero a posición podía ser válida.
Troco obrigado na Real Sociedade. Retírase lesionado Álex Muñoz e entra o escocés Tierney.
Descanso en Balaídos, golazo de Brais deixa en vantaxe os vascos: CEL 0-1 RSO.
Comeza a segunda metade
Segundo troco dos visitantes, sae Aramburu e entra Elustondo.
Ao pau a Real Sociedade. Lanzamento de falta por Brais Méndez que golpea o pau da portería celeste...
Outra oportunidade perdida pola Real Sociedade. Jon Magunazelaia Argoitia rematou case a portería baleira, pero non atopou portería... Sálvase o Celta neste inicio de segundo tempo.
Triplo troco no Celta. Retíranse Aspas, Miguel Rodríguez e Mingueza e dan entrada a Hugo Álvarez, Douvikas e Carles Pérez.
Primeiro remate entre os tres paus por parte do Celta, boa internada de Luca de la Torre que remata cun tiro ás mans de Álex Remiro.
Gran recurso de Luca de la Torre para rematar un centro á área, boa reacción de Remiro para bloquear a pelota.
Esgota os trocos Rafa Benítez, saen Luca de la Torre e Larssen para dar entrada a Jalilson e a Swedberg
FINAL do encontro en Balaídos, Brais Méndez factura o seu exequipo.