O Celta rabuña un punto e chega á barreira dos corenta (1-1)
O Celta rabuña un punto e chega á barreira dos corenta (1-1)
Carles Pérez marcou no treito final da primeira parte
Stuani empatou cun penalti que Mateu, no seu último partido en Balaídos, mandou repetir
Minuto a minuto
Chegará a vitoria definitiva para o Celta? Ten catro puntos sobre o descenso e un triunfo certificaría a salvación. Pero xa hai catro xornadas que diciamos o mesmo e non dá vido ese triunfo
Miguel Rodríguez, titular!!!! A gran novidade no equipo de Carvalhal é a presenza do canteirán no once a carón de Strand Larsen
📋✅ O noso 𝗫𝗜 inicial 🆚 @GironaFC!#CeltaGirona #LaLiga pic.twitter.com/Hej8eMQF7Y
— RC Celta Galego (@RCCeltaGL) May 23, 2023
Partido en xogo en Balaídos!!!! Por certo, pita Mateu Lahoz na súa despedida da arbitraxe
Córner que remata moi alto Tapia. Comeza bulideiro Miguel pola esquerda
Vemos un Celta moi intenso na presión. Xa pasou os primeiros 10 minutos, nos que recibira goles nas catro últimas xornadas
Óscar, de falta, remata fóra
O Xirona acumula case o 70% de posesión. O Celta busca roubar e correr. Poucas ocasións
Centra Miguel e case remata de cabeza Gabri. Conexión da Madroa!!!
Mancado Iván Martín no Xirona. Entra no seu lugar Artero
1-0 GOOOOOOL de Carles Pérez. Rematou desde a frontal, tocou nun xogador do Xirona e acaba na rede
A mellor do Xirona. Remate cruzado que sacan entre Iván Villar e a defensa que manda a corner!!
Tempo de lecer en Balaídos. O Celta gaña grazas ao gol de Carles Pérez no primeiro remate entre os tres paus de calquera dos dous equipos
Segunda parte en xogo
Lanzamento de Arnau Martínez que se vai pretiño do pau
Segunda fiestra de trocos que emprega o Xirona pola lesión de Santi Bueno
Penalti claro cometido por Javi Galán a Tsygankov. E PAAAAARA Iván Villar. Qué paradón!!!!!
1-1 Mateu manda repetir o penalti porque Unai entrou na área antes de tempo. Stuani non falla o segundo lanzamento
Larsen!!!!! Boa manobra na área e o remate cruzado sae a rentes do pau
Cervi ao campo no lugar de Miguel
Larsen!!!!!! Man a man con Gazzaniga que aguanta e salva cos pés. Na seguinte Carles tamén pon a proba ao porteiro. Busca o segundo o Celta
Aspas ao campo por Larsen!!! Tamén entra Seferovic no lugar de Gabri
Lanza Cervi e obriga a intervir a Gazzaniga
Artero remata alto. Estaba forzado pero en boa posición
Paradón de Iván Villar!!!! O remate de Joel Roca ía á escadra
Rematou o partido en Balaídos. O Celta adiantouse cun gol de Carles pero o Xirona empatou cun penalti transformado por Stuani no segundo lanzamento. O Celta gozou de boas ocasións pero foi Iván Villar o que salvou a mellor para o Xirona no último intre